INFORMACIÓN

Esta aplicación, creada por SEO/BirdLife en colaboración co CEAB-CSIC, permite comunicar as capturas accidentais de fauna mariña sensible (aves mariñas, cetáceos e outros mamíferos mariños, tartarugas mariñas, quenllas e outros peixes de interese) que se producen durante as actividades de pesca, tanto profesional como recreativa.

Este tipo de capturas non desexadas representan unha grave ameaza para estes organismos mariños, á vez que poden causar molestias e perdas ós pescadores. Os datos obtidos contribuirán a coñecer mellor estas capturas:  cando, onde e como ocorren, en que artes e a que especies afectan. Este tipo de información é clave para entender o problema e encontrar solucións eficaces e consensuadas.


A aplicación para dispositivos móbiles BYCATCH pode traballar con sistema IOS e Android, con ou sen cobertura de Internet. Para traballar no mar sen conexión a Internet é necesario ter aberto algunha vez a aplicación nun lugar con cobertura. A aplicación rexistra a data e posición da captura accidental e permite facer ou axuntar fotos. Se non é posible enviar os datos no momento no que se produce a captura accidental, pódense enviar despois, xa que dende a aplicación ou a web poderás axustar a data e a localización, e axuntar fotos. Só lembra que facer fotos da fauna capturada accidentalmente é importante para a súa identificación.


Máis información en:
https://bycatch.seo.org/
https://www.bycatch.csic.es/
https://seo.org/mares/


Se se producen erros de funcionamento o tes dúbidas, escribe a [email protected]

© Guadalupe Rodriguez Vazquez

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.

Acepto